Mamá / [texto e ilustracións], Mariana Ruiz Johnson
por Ruiz Johnson, Mariana [autor/a]
; Ruíz Johnson, Mariana [ilustrador/a]
.
Tipo: 










Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | EEI de Barrionovo Sala préstamo | RUI mam | 1 | Dispoñible | CEA011000001461 |
|
VI premio Internacional Compostela para álbums ilustrados
A maternidade a través da poesía e da arte, entre a tenrura e a exuberancia cromática. Un canto universal ao amor e á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Nai Terra.
O amor é o concepto fundamental que xustifica o como, o por que e o para que dun texto rimado tan sinxelo, pero á vez tan universal, cercano á infancia e asequible para lectores de todas as idades e todas as culturas. O poema compleméntase con imaxes exuberantes en contidos e cores, onde a natureza está presente do principio ao final. Mariana Ruiz Johnson quixo plasmar con esta obra a súa experiencia da maternidade dende un enfoque artístico e literario. Azuis, amarelos, vermellos, verdes… cores vivas, intensas e en harmonioso contraste plásmanse nas páxinas deste álbum. O seu contido inspírase no estilo ornamental da arte popular latinoamericana. Dende o punto de vista cromático, pola forza expresiva e poética das ilustracións, tamén lle rende unha homenaxe a pintores como Paul Klee.
O ser humano é unha especie máis neste álbum onde se enxalza a Nai Terra na súa totalidade: animais, plantas e outros fragmentos do mundo que nos rodea.
4º-5º-6º Educación Infantil