Ruiz Johnson, Mariana

Mamá / [texto e ilustracións], Mariana Ruiz Johnson - 1ª ed - Pontevedra :Kalandraka ,2013 - [20] p. :il. cor ;26cm - Libros para soñar .

VI premio Internacional Compostela para álbums ilustrados

A maternidade a través da poesía e da arte, entre a tenrura e a exuberancia cromática. Un canto universal ao amor e á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Nai Terra.
O amor é o concepto fundamental que xustifica o como, o por que e o para que dun texto rimado tan sinxelo, pero á vez tan universal, cercano á infancia e asequible para lectores de todas as idades e todas as culturas. O poema compleméntase con imaxes exuberantes en contidos e cores, onde a natureza está presente do principio ao final. Mariana Ruiz Johnson quixo plasmar con esta obra a súa experiencia da maternidade dende un enfoque artístico e literario. Azuis, amarelos, vermellos, verdes… cores vivas, intensas e en harmonioso contraste plásmanse nas páxinas deste álbum. O seu contido inspírase no estilo ornamental da arte popular latinoamericana. Dende o punto de vista cromático, pola forza expresiva e poética das ilustracións, tamén lle rende unha homenaxe a pintores como Paul Klee.

O ser humano é unha especie máis neste álbum onde se enxalza a Nai Terra na súa totalidade: animais, plantas e outros fragmentos do mundo que nos rodea.

4º-5º-6º Educación Infantil

9788484648413


(A) Para 0-1-2-3-4-5 años
(B) Para 6-7-8 años
(B) Para 6-7-8 anos
(A) Para 0-1-2-3-4-5 anos
Poesías -- Libros infantiles
Poesías -- Libros infantís
Álbumes ilustrados -- Libros infantiles
Álbums ilustrados -- Libros infantís
Emocións
Maternidade

821.134.2(82)-14"20":087.5 82N-G

Coa tecnoloxía Koha